En caso de que o/a estudante non entregue en tempo e forma o cartafol/dossier, (un por periodo, tres en total), repercutirá negativamente na nota, restándose un 5% da cualificación do periodo correspondente en caso de que non se cumpra con dito requerimento. Ás prácticas clínicas IV están vinculados tres periodos, sendo necesario alcanzar unha calificación mínima de catro puntos sobre dez en cada unha das avaliacións para poder optar ao aprobado. Nas unidades de hospitalización e centros sociosanitarios, realizaranse catro Plans de Atención de Enfermaría (PAES), segundo a nomenclatura NANDA/NIC/ NOC, que se avaliarán dentro do 20% correspondente ao titor/a (10% PAES). As faltas de asistencia non xustificadas suporán un suspenso e a interrupción inmediata do periodo, mentres que si se trata de faltas xustificadas, permitirase un máximo de CATRO, que serán de recuperación obrigatoria no periodo establecido para tal fin polo responsable da asignatura. A ausencia de máis de 4 días, aínda sendo faltas xustificadas, suporá a repetición completa do período en cuestión. (Detállase na normativa de prácticas facilitada aos estudantes e publicada en MOOVI. |