Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |
Traballo tutelado |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma dos estudantes que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
Foros de discusión |
Foros no que se propón o alumno que opine sobre diferentes conceptos da materia. E no que tamén debe reflexionar e opinar de forma asertiva sobre a visión do resto dos compañeiros. |
Seminario |
Exposición por parte do profesor dun tema relacionado coa materia e que complementa e enriquece o coñecemento dos alumnos en relación co campo da Enfermeria Xeriátrica.
|