O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría e informan das opcións de avaliación (CONTINUA ou FINAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web. Avaliación Continua (AC): O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente). A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula:traballo tutelado (20%), instrucción programada (20%) , seminario (20%) e o 40 % restante, mediante un exame de preguntas obxectivas, na data oficial establecida e publicada na web. En devandito exame, o estudiantado que siga avaliación continua, verase liberado dunha parte, que estará perfectamente identificada. Deberase obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10, en cada proba (inclusive o exame), en caso contrario, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación global para aprobar a materia. Aqueles estudantes que non poidan seguir a AC e/ou renuncien a esta, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da calificación da materia. Avaliación global: Realizarase un exame global que supón o 80 % de cualificación da materia, dado que o seminario (20%) ten carácter obrigatorio O exame será tipo test, con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 das correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23. Compromiso ético: Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira oportunidade será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |