- Avaliación continua: - A materia teórica divídese en dúas partes, con dous exames respectivos e liberatorios, de tipo test de preguntas obxectivas, que se celebrarán dentro do horario lectivo, (as datas serán publicadas en Moovi, según a evolución das dinámicas de traballo). En ningún de ambos exames poderase obter unha nota inferior ao 40%. De non alcanzar a devandita porcentaxe nalgún dos dous exames, o alumnado poderá recuperar dita parte no exame de avaliación final cuxa data establece oficialmente o centro. Se a nota é igual ou superior ao 40%, considerarase liberada a materia e non se poderá examinar só desa parte no exame de avaliación final co obxectivo de subir nota, para o que tería que facer todo o exame. Para aprobar a materia requírese alcanzar unha nota mínima conxunta dos dous exames do 50%. - Os tests serán de resposta múltiple con 4 posibles respostas sendo unha delas a correcta ou a máis válida. As respostas correctas terán un valor dun punto e as preguntas mal contestadas restarán 0,25 puntos. As respostas en branco non restarán. - A parte práctica avalíase nun único exame que se celebrará dentro do horario lectivo (15/12/2023). - A nota final da materia será a suma ponderada das dúas puntuacións: teórica + práctica. - O alumno que supere a avaliación contínua queda eximido do exame de avaliación final cuxa data establece oficialmente o centro. De todos os xeitos, se o alumno desexa modificar a súa cualificación ten dereito a presentarse ao devandito exame oficial, que será global de toda a materia, e será este o que determine a cualificación definitiva. - As avaliacións de cada unha das partes non se conservarán para o exame de segunda oportunidade, que será global para todos os que se presenten (é dicir, para aqueles que non alcanzasen a puntuación global de polo menos o 50% na convocatoria anterior). - Avaliación global: - Os alumnos que perdan ou renuncien á súa avaliación contínua, terán a oportunidade de superar a materia nun exame para realizar na data oficial programada polo centro. Devandito exame versará sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos e posibilitará alcanzar o 100% da nota, debéndose alcanzar un mínimo do 50% para considerarse superado. O exame consistirá nun test de preguntas obxectivas e poderá incluír láminas anatómicas ou/e radiolóxicas impresas que sirvan de avaliación da parte práctica da materia. Os tests serán de resposta múltiple con 4 posibles respostas sendo unha delas a correcta ou a máis válida. As respostas correctas terán un valor dun punto e as preguntas mal contestadas restarán 0,25 puntos. As respostas en branco non restarán. Exame de segunda oportunidade: Será realizado por aqueles alumnos que non alcanzasen a puntuación global de polo menos o 50% na avaliación contínua ou na convocatoria anterior de exame oficial realizado na data programada polo centro. As avaliacións de cada unha das partes non se conservarán para o exame de segunda oportunidade, que será global para todos os que se presenten. Devandito exame versará sobre a totalidade dos contidos teóricos e prácticos, e posibilitará alcanzar o 100% da nota debéndose alcanzar un mínimo do 50% para considerarse superado. O exame consistirá nun test de preguntas obxectivas e poderá incluír láminas anatómicas ou/e radiolóxicas impresas que sirvan de avaliación da parte práctica da materia. Os tests serán de resposta múltiple con 4 posibles respostas sendo unha delas a correcta ou a máis válida. As respostas correctas terán un valor dun punto e as preguntas mal contestadas restarán 0,25 puntos. As respostas en branco non restarán. As datas de exame, estarán publicadas oficialmente na web do centro. AULAS 21 y 23. - Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) consideraríase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global nesa oportunidade será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). Aviso: No caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán. |