A Enfermaría Clínica I, pertence ao módulo de Ciencias da Enfermaría.
O estudo da Enfermaría Clínica I céntrase na resposta do paciente adulto ás alteracións reais ou potenciais na saúde. A variedade de necesidades asistenciais específicas de cada individuo convértea nunha área cambiante e desafiante da práctica de enfermaría. Para iso, impártense coñecementos sobre patoloxía, valoración física, probas diagnósticas, tratamento combinado e datos relativos aos ensinos (proporcionados ao paciente e a súa familia) e as diferentes estratexias de actuación que o persoal de enfermaría pode adoptar, dentro do marco da prevención, restablecemento ou adaptación, no proceso de saúde/ enfermidade, para buscar o maior nivel de independencia posible da persoa. Así mesmo impartiranse clases teórico-prácticas onde se ensinarán técnicas e procedementos que, posteriormente, xunto co descrito anteriormente, deberán realizar nas prácticas asistenciais que desenvolvesen ao longo da súa formación. Con esta información o alumnado será capaz de emitir diagnósticos de enfermaría e planificar intervencións específicas para cada paciente, baseándose no modelo conceptual de Virginia Henderson, os Patróns Funcionais de saúde de M. Gordon e a aplicación das taxonomías NANDA NIC NOC que se desenvolven en Fundamentos de Enfermaría no primeiro curso.
Esta asignatura ten gran importancia para o futuro profesional de enfermaría, xa que a profesión enfermeira debe entender cáles son os valores, as necesidades e as expectativas cambiantes da sociedade e formarse para poder proporcionar uns coidados expertos e de óptima calidade.