Lección maxistral |
Nas sesións maxistrais o profesor exporá, de maneira detallada e estruturada, os temas reflectidos no programa da materia. Suxerirase ao alumnado, en función das súas preferencias, que profunde naqueles aspectos do programa que máis lle interesaron, para o que deberá manexar a bibliografía adecuada. Aplicable a Farmacoloxía: realizarase unha proba escrita de tipo preguntas longas. Aplicable a Dietética: realizarase unha proba de tipo test |
Resolución de problemas |
Aplicable a Farmacoloxía:
Analizaranse aspectos cuantitativos inherentes á Farmacoloxía, tales como manexo de concentracións, cálculos posolóxicos, aplicacións dos conceptos de mol e equivalente aos sistemas biolóxicos, cálculo de velocidade de infusión, etc. Realizarase unha proba escrita |
Estudo de casos |
Aplicable a Dietética:
Realizaranse durante as sesións maxistrais, a medida que se desenvolvan os temas. |