A materia ten por obxectivo desenvolver as competencias necesarias para un exercicio reflexivo da práctica profesional. Incide fundamentalmente no exercicio do xuízo crítico, na capacidade argumentativa nun contexto de razón pública así como na comprensión das responsabilidades parellas á función docente e das institucións educativas dentro da sociedade.