O Profesorado, os centros e institucións educativas enfróntanse no momento actual ao desafío de ofrecer resposta á ampla demanda educativa da sociedade contemporánea. Ante estes desafíos, o profesorado necesita e demanda recursos, formación e estratexias que lles permitan atopar respostas útiles, realistas e eficaces para adaptarse e adaptar a educación aos novos requirimentos sociais. Entre estes recursos e estratexias atópanse a INNOVACIÓN e a INVESTIGACIÓN DIDÁCTICA.