O sistema de avaliación
pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas
xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta
tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable
no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. Para iso, é necesaria
a asistencia continuada ás clases, por encima do 80% das sesións
programadas.
A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior, sempre que se obteña a cualificación de aprobado en cada unha delas (nota mínima de 5 sobre 10).
Aqueles estudantes que non superen a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e/ou os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.
As datas e horarios das probas de avaliación de ambas as convocatorias correspóndense coas marcadas no calendario de probas de avaliación do curso 2023-24 e que poden ser consultadas en https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/
AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.
Todo traballo copiado que se descubra ao longo do curso, penalizará por igual, tanto aos estudantes que copian como aos copiados, e non se admitirá ningunha entrega fose do prazo establecido. En ambos os casos, dita penalización implicará un 0 na súa cualificación.
Os correos electrónicos serán atendidos sempre que presenten a razón do mesmo en Asunto, así como unha correcta redacción.
Estes criterios de avaliación son unha declaración de intencións sobre o traballo dos estudantes na materia polo que poden sufrir lixeiras modificacións.
|