Resolución de problemas |
O profesor proporá traballos sobre contidos específicos que acheguen actualidade, reflexión crítica ás temáticas traballadas nas clases. Así, mediante o traballo persoal e reflexivo, profundarase nos campos do labor educativo que mais valor teñen no seu quefacer profesional futuro.O alumno terá que presentar un dossier, *valorandose as súas achegas ao grupo nas clases. |
30 |
A2 A3 A4
|
B5 B11 B12
|
C1 C13 C14 C19 C27
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D9 D14 D17
|
Traballo tutelado |
O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da educación primaria. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, o seu formato axustado aos estándares científicos. Así mesmo as exposicións monográficas serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de achegar calidade á materia. |
30 |
A1 A2 A3 A4
|
B1 B3 B5 B7 B9 B11 B12
|
C1 C6 C10 C12 C13 C14 C19 C20 C21 C22 C27 C28 C29 C32 C41 C61 C66
|
D1 D2 D3 D5 D6 D7 D8 D9 D11 D13 D14 D15 D17 D21
|
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudiantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plagiado ou realizado pola. IA será cualificado cun 0. A Avaliación Continua da disciplina resultará da integración das distintas notas de traballos tutelados e de resolución de problemas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter unha cualificación positiva. O alumno que non realice todas as actividades de avaliación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. É imprescindible a asistencia e participación activa en clase para poder acceder á avaliación continua. Si non se cumpre a asistencia someterase ao alumno á Avaliación Global. A Avaliación Global farase mediante un único exercicio escrito e a entrega dun traballo que será concretado co profesor. Tanto a cualificación dos traballos derivados da resolución de problemas, é dicir, contidos específicos como a cualificación dos traballos de aula feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes en segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria. As datas de exame serán as publicadas oficialmente na web da facultade do mesmo xeito que os horarios de tutoría para o alumno. |