Lección maxistral |
Os aspectos teóricos da materia Organización Escolar do Ensino levarán a cabo a través deste tipo de metodoloxía. Considerase a máis adecuada para poder desenvolver nas clases do grupo de alumnos/as completo.
Dado que nos situamos nun Plan de Estudos Presencial, as achegas das clases son insubstituíbles por outros medios documentais; o alumno/a que non recibe os contidos debido á súa ausencia, ou que non ten oportunidade de practicas as habilidades practicadas en clase, é responsable de recuperalos por conta propia. Todo o que se explica en clase, forma parte da materia, xunto cos demais recursos. |
Resolución de problemas |
As clases seminario coa metade do grupo suporán un cambio de dinámica respecto da clase do grupo enteiro. As prácticas levadas a cabo serán variadas e, ineludiblemente, o alumno/a comprométese a participar de forma activa nelas no momento que decide cursar a materia. Os grupos serán variados, en ocasións realizados ao azar, en ocasións a elección do propio alumno/a. |