AVALIACIÓN CONTINUA (AC): Consta de tres partes PruebaEC1 (40% nota final), PruebaEC2 (40% nota final) e Prácticas (20% nota final), cos requisitos e especificaciones vistos no apartado anterior. A nota numérica final obtense pola media ponderada dos ítems mencionados en parágrafos anteriores: Nota FINAL da materia= 0,4*NotaPruebaEC1 + 0,4*NotaPruebaEC2 0,2*NotaPrácticas estando NotaPruebaEC1, NotaPruebaEC2 e NotaPrácticas avaliadas cada unha sobre 10 puntos. Si como resultado da aplicación da media ponderada anterior, a nota final é superior a 4,5 puntos pero non se cumpre a condición de alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada parte das probas de EC1 e/ou EC2, a Nota Final da materia será como máximo 4,5 puntos. AVALIACIÓN GLOBAL (AG) 1ª e 2ª Convocatorias: O estudante que desexe renunciar ás actividades correspondentes á avaliación continua dispón dun prazo para facelo fixado pola dirección do centro. Só poderán optar á AG, os estudantes que figuren nas listas oficiais publicadas pola dirección do Centro. En cada convocatoria, os estudantes que renuncien á AC poderán presentarse a un exame na data oficial que cubrirá o 100% da avaliación: - Parte de Teoría de Circuítos. 40% Nota final. Mínimo de 3 sobre 10 para aprobar.
- Parte de Máquinas Eléctricas. 40% Nota final. Mínimo de 3 sobre 10 para aprobar.
- Parte Prácticas. 20% Nota final.
Nota FINAL da materia= 0,4*NotaParteTdC +0,4*NotaParteME +0,2*NotaPartePrácticas estando NotaParteTdC, NotaParteME e NotaPartePrácticas avaliadas cada unha sobre 10 puntos. Si como resultado da aplicación da media ponderada anterior, a nota final é superior a 4,5 puntos pero non se cumpre a condición de alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada parte das partes de TdC e/ou ME, a Nota Final da materia será como máximo 4,5 puntos. Non se gardan partes aprobadas entre convocatorias. ESTUDANTES QUE NON RENUNCIARON A AC, con Nota Final Materia suspensa por AC Aqueles estudantes que NON renuncien á AC, que teñan unha Nota Final Materia inferior a 5 puntos por AC, poderán presentarse o día da proba de Avaliación Global nas Convocatorias Oficiais (1ª e 2ª) ás partes suspensas (EC1 e/ou EC2). Neste caso, o cálculo da nota final da materia realizarase coa mesma expresión que para AC, substituíndo as notas obtidas nas probas de AG ás que se presenten, NotaParteTdC e/ou NotaParteME, polas notas suspensas na AC NotaPruebaEC1 e/ou NotaPruebaEC2 respectivamente. AVALIACIÓN DA CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA, proba Global idéntica ás Probas Globais de 1ª e 2ª Convocatoria. Non se gardan partes aprobadas de cursos anteriores. Cada NOVA MATRÍCULA na materia supón unha posta a cero das cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursos anteriores. COMPROMISO ÉTICO: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias B2, B3 e CT19. |