Descrición xeral |
Nesta materia estúdanse as metodoloxías de aplicación dos tratamentos térmicos como medio de conservación dos produtos da pesca e da acuicultura, así como o seu efecto nos devanditos produtos e a súa influencia na prolongación da vida útil dos mesmos. Para iso analízanse os fundamentos teóricos destes procesos, principalmente a pasteurización e esterilización, e estúdanse as diversas técnicas e equipos utilizados durante o procesamento dos produtos pesqueiros, tanto de forma teórica como mediante traballos prácticos de elaboración de diversos produtos en planta piloto. Abórdase o control de calidade en laboratorio das distintas materias primas utilizadas (peixe, salsas, envases…) e os produtos finais obtidos. |