Descrición xeral |
Nesta materia abórdase o estudo dos aspectos ambientais do tratamento dos efluentes, gaseosos, líquidos e sólidos, dos procesos industriais en xeral e do sector transformador dos produtos da pesca en particular. Para iso preséntanse desde un punto de vista aplicado as distintas técnicas (operacións básicas) implicadas nestes procesos de tratamento: os seus fundamentos e características físicas, químicas e/ou biolóxicas, parámetros de deseño das unidades e a súa aplicación na enxeñería ambiental. Realízanse prácticas de carácter físico-químico dos fundamentos estudados. e exponse desde un punto de vista lexislativo, a xestión de residuos e o manexo da Normativa sobre Xestión Ambiental. |