Nesta materia iniciarase o estudo da Química Orgánica facendo referencia a diversos aspectos estruturais e de reactividade xeral dos compostos orgánicos. Aspectos que serán empregados a continuación no estudo detallado da reactividade dos grupos funcionais que presentan enlaces múltiples carbono-carbono, incluíndo os compostos aromáticos.
Materia do programa English Friendly. O alumnado internacional poderá solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.