das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario alcanzar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na
proba final de cuadrimestre e de 5 puntos sobre 10 na proba de laboratorio. A puntuación correspondente á parte
práctica da materia (laboratorio) só se computará na nota final unha vez aprobada a teoría. A participación do alumno en probas escritas e a asistencia a prácticas de laboratorio (duas ou máis) implicará a condición de presentado e, por tanto, a asignación dunha cualificación.
Segunda oportunidade (avaliación continua): Na segunda oportunidade (xullo) o alumno poderá repetir aquelas probas
(teoría e/o laboratorio) que non superase na primeira oportunidade. Conservaranse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas prácticas de laboratorio (15 %). Nesta convocatoria, a proba correspondente á parte teórica da materia suporá o 70 % da cualificación final e a proba de laboratorio un 15 % e teranse en conta as mesmas consideracións establecidas para a primeira oportunidade.
Modalidade de avaliación global (non continua): Os estudantes que desexen acollerse esta modalidade de avaliación deberán
comunicalo, por escrito, ao coordinador da materia durante o primeiro mes desde o inicio do cuadrimestre. Neste caso,
a avaliación constará das seguintes partes: prácticas de laboratorio (30 %) e proba de avaliación global (70 %) e será
necesario alcanzar unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas (teoría e laboratorio) para
aprobar a materia.