NOTAS IMPORTANTES:
A entrega do boletín individual de cada seminario ao profesor por parte de cada estudante realizarase nun prazo máximo de 7 días despois da celebración do seminario. Non se recollerá ningún seminario a partir de dita data límite, nese caso a cualificación será 0.
A entrega de calquera seminario por parte do estudante para a súa avaliación polo profesor supón que o estudante entra en modo PRESENTADO automaticamente, con independencia de se o estudante non se presenta ao exame final.
A nota final da materia (n) será unha ponderación das cualificacións (entre 0 e 10) do exame parcial (ep), o exame oficial (eo) e da nota media dos seminarios (se), tanto en primeira como en segunda oportunidade ,de acordo á seguinte formula:
n = 0,2*ep + 0,4*eo + 0,4*se
O exame oficial e a nota media dos seminarios deben aprobarse ambos por separado.
O estudiantado repetidor deberá realizar e entregar de novo os seminarios. |