A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:
A materia consta de catro grandes bloques principais e a cualificación
de cada un deles pondérase cun 25% sobre a nota final:
1.- Parte de teoría: que se divide en "Exame de preguntas obxectivas",
17,5%, e as probas incluídas en "Lección maxistral", 7,5%. Para
considerar superada esta parte, o alumnado terá que obter unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das probas.
2.- Parte de problemas: que se divide en "Resolución de problemas e/o
exercicios", 17,5% e as probas incluídas en "Resolución de problemas",
7,5%. Para considerar superada esta parte, o alumnado terá que obter
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das probas.
3.- Traballos de seminarios (Exame preguntas de desenvolvemento, 25%). A
nota media dos seminarios calcularase coa media xeométrica obtida coas calificacións obtidas en
cada un dos cuestionarios realizados. Para considerar superada esta
proba, o alumnado terá que obter unha cualificación igual ou superior a 5
puntos.
4.- Prácticas de laboratorio. Avaliarase o traballo realizado no
laboratorio (3,75%, 1,5 puntos sobre 10) e o correspondente informe de
prácticas (21,25%, 8,5 puntos sobre 10) seguindo uns criterios que serán
publicados na plataforma Moovi. A nota media das prácticas
de laboratorio calcularase coa media xeométrica das cualificacións
obtidas en cada unha das prácticas. Para considerar superada esta proba,
o alumnado terá que obter unha cualificación igual ou superior a 5
puntos.
Para aprobar a materia será necesario superar cun mínimo de 5 puntos
sobre 10 en todos e cada un destes bloques. No caso de non superar a
nota mínima nalgún dos bloques, a nota máxima que poderá constar na Acta
será de 4,5 puntos.
Se a cualificación obtida no "Exame de preguntas obxectivas" é igual ou
superior a 5 puntos e, á súa vez, superior á alcanzada nas probas de
"Lección magistal", a cualificación total que constará no
Bloque 1 será a de "Exame de preguntas obxectivas".
Se a cualificación obtida na "Resolución de problemas e/o exercicios" é
igual ou superior a 5 puntos e, á súa vez, superior á alcanzada nas
probas de "Resolución de problemas", a cualificación total que constará
no Bloque 2 será a de "Resolución de problemas e/o exercicios".
En caso de non alcanzar a puntuación mínima nos bloques 1.- e/o 2.-,
terán que realizar novamente na convocatoria de 2ª oportunidade a parte
do exame de "Exame de preguntas obxectivas" e/o "Resolución de
problemas e/o exercicios" non superada.
En caso de non alcanzar a puntuación mínima no bloque 3.-, o alumnado,
de maneira individual, terá realizar novamente os cuestionarios daquelas
sesións de seminarios nas que obtivo unha cualificación inferior a 5
puntos no prazo que estimará oportuno o/a profesor/a correspondente.
En caso de non alcanzar a puntuación mínima no bloques 4.-, o alumnado
terá que enviar novamente os informes de prácticas coas correccións
pertinentes, no prazo que estimará oportuno o/a profesor/a
correspondente.
A realización por parte do alumnado de calquera proba das que se mostran
na táboa anterior será tida en conta inmediatamente para a
cualificación final e constará na acta como alumno presentado na
convocatoria correspondente.
A ausencia inxustificada a unha das sesións de seminarios e/o prácticas,
bloques 3.- e 4.-, supón a non avaliación do bloque que corresponda,
debéndose repetir no curso seguinte.
As cualificacións e de cada un dos bloques serán publicados na
plataforma Moovi, indicando a data, hora e lugar de
realización das correspondentes revisións.
Opción de avaliación global. A solicitude para esta opción de avaliación terase que
presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con
anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas e
seminarios, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción
de avaliación. A non
asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así
como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e
honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (p.ex.
copia e/o plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou
destreza alcanzado polo alumnado en calquera tipo de proba, informe ou
traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán
supoñer o suspenso na materia durante un curso completo. Levarase un
rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia,
solicitar ao Reitorado a apertura dun expediente disciplinario.
En caso de non superar a materia, unicamente validaranse para o ano
seguinte as seguintes probas en caso de telas superadas: - Prácticas de laboratorio. - Informes de prácticas. - Exame de preguntas de desenvolvemento (seminarios). |