METÓDO DE CÁLCULO DA CUALIFICACIÓN FINAL 1. Nota da avaliación continua (60%): a. Saídas de Campo (10%); b. Seminarios (20%); c. Cuestionarios teoría (30%); 2. Nota do exame final (40%). A media de cada unha destas seccións (bloques 1a, 1b, 1c) debe ser de >/= 5,00, mentres que as entregas individuais deben ser de >/= 4,00. Nota final: nota de avaliación continua (60%) + nota do exame final (40%).
ASISTENCIA A asistencia ás saídas, seminarios e prácticas de laboratorio é obrigatoria e condición indispensable para ser cualificado. Unha asistencia ás sesións maxistrais inferior ao 80 % ou a non asistencia implica a non cualificación. Espérase que os estudantes que non poden asistir a algunhas destas actividades proporcionen unha xustificación adecuada para a súa ausencia. En caso contrario, a non asistencia a elas elimina a opción da 2a oportunidade. Opción de avaliación global A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, seminarios e saídas de campo a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). A recuperación parcial da cualificación conséguese acadando unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nas preguntas correspondentes da 2ª oportunidade. Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida nos bloques para o curso seguinte. A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/ ________________________________________________ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicítese a apertura dun expediente disciplinario ao reitorado. |