Bioloxía I é unha das materias obrigatorias que se imparte no primeiro semestre do primeiro ano do Grao en Ciencias do Mar. Nesta disciplina expoñense os principios biolóxicos básicos asociados ao ámbito da bioloxía celular e da xenética, e profundizase:
1) na organización celular e tisular dos organismos vivos.
2) nas bases do seu desenvolvemento e da diferenciación celular.
3) na transmisión e caracterización do material hereditario.
4) nos aspectos básicos do proceso evolutivo e na orixe das especies.
No desenvolvemento da materia inclúense clases maxistrais e de laboratorio. Coas clases maxistrais preténdese enunciar e fixar no estudantado os conceptos básicos desta disciplina que se describen no apartado de obxectivos. As sesións de prácticas no laboratorio xunto coa posibilidade de realizar actividades tuteladas (foros, seminarios etc.) permitirán:
1) familiarizar ao alumnado identificación de mostras en microscopia óptica e electrónica.
2) resolver problemas prácticos vinculados ao campo da xenética e da bioloxía celular.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.