A utilización de augas rexeneradas e outras fontes alternativas de auga, convertéronse nun elemento máis da xestión integrada dos recursos hídricos, que brinda unha serie de oportunidades e beneficios evidentes tales como: permitir unha mellor xestión dos recursos ao liberar volumes comprometidos de auga de maior calidade para outros usos, incluído o abastecemento; incrementar os recursos dispoñibles en zonas costeiras ou garantir unha maior fiabilidade e regularidade da subministración.
Neste contexto, nesta materia, o alumnado adquirirá coñecementos sobre os parámetros de calidade da auga e a normativa relacionada, en base ao uso que vaia a darse á auga rexenerada. Ademais, abordarase como os distintos tratamentos permiten a reutilización das augas e incrementar os recursos hídricos mediante fontes alternativas e os seus posibles usos (ambientais, urbanos, industriais, como auga potable)