Avaliación continua – Primeira oportunidade: Durante o cuadrimestre realizarase unha primeira proba parcialescrita ( P1 ) con contidos das sesións maxistrais e das de resolución deproblemas, que representará o 30% da nota da materia. Os contidos avaliados naP1 non serán obxecto de avaliación na segunda proba parcial (P2).A P2 realizarase na data oficial do exame e representará o 35% da nota da materia. Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificaciónigual ou superior a 3 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais (P1 e P2)e unha cualificación global igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Se non sealcanza o mínimo en cada proba parcial, a materia considerarase non superada ea cualificación final aparecerá coma 4,5 na acta. Para facilitar a avaliación continua e o seguimiento dos contidosvistos nas sesións maxistrais, ao longo do cuadrimestre realizaranse probasde autoavaliación (PAV) a través da plataforma de teledocencia querepresentarán o 20% da nota da materia. As prácticas de laboratorio (PL) representarán o 10%da nota da materia. A avaliación dos informes de resultados obtidos en cadapráctica quedará suxeita á asistencia presencial a estas sesións. Avaliación continua - Segunda oportunidade: O exame da segunda oportunidade constará dunha proba escrita, coapuntuación do 65%, cuxo contido virá determinado polo temario común das sesións maxistrais e resolución de problemas. Conservarase a nota correspondente ás probas de autoavaliación(PAV-20%), prácticas de laboratorio (PL-10%) e TIC (PTIC-5%). Aquel alumnado que o solicite, será novamente avaliado dos contidos correspondentes a PL e/ou PTIC mediante unha proba escrita, que se realizará na data oficial do exame da segunda oportunidade. Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Avaliación global: Aquel alumnado que renuncie á avaliación continua terá dereito a unha proba global, escrita, coa puntuación do 100%. Para superar a materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
|