Nesta materia introdúcense os conceptos básicos de balances de materia e enerxía, reactores químicos e operacións de separación baseadas na transferencia de materia máis utilizadas na industria.
Tamén se expoñen os fundamentos dos procesos aos que se someten os recursos enerxéticos fósiles antes da súa utilización, así como a obtención de derivados orgánicos moi utilizados na vida diaria.
Materia do programa English Friendly: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) tender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.