Avaliación continua (EC), primeira oportunidade Nesta modalidade, as actividades para realizar son: - avaliación dos contidos de lección maxistral a través de cuestionarios tipo test realizados durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
- entrega de boletín de problemas segundo o traballado en aula durante todo o cuadrimestre (2 puntos). Para que esta actividade compute na avaliación, débese obter polo menos 1.2 puntos sobre 2.
- asistencia a prácticas de laboratorio (fixadas en calendario) con entrega de exercicio resolto (1 punto).
- resolución de exercicio práctico (proba obxectiva) sobre cálculo de ratios (2 puntos).
- resolución de exercicios de dimensionamiento de equipos, cálculo de rendementos en procesos de clasificación e de concentración (exame de preguntas de desenvolvemento) (3 puntos).
A actividade 5 realízase na data oficial que estableza o centro para a primeira oportunidade. Avaliación continua (EC), segunda oportunidade Lévase a cabo nos mesmos termos que a EC en primeira oportunidade, salvo o que respecta a: a) Prácticas de laboratorio. Ao tratarse de sesións fixadas en calendario, non é posible repetilas. Se non se asiste nas datas oficiais, ofrécese a posibilidade de entregar igualmente o exercicio realizado, pero a non asistencia (sen xustificación) penaliza a nota desta actividade en 0,5 puntos. b) Cuestionarios tipo test e boletín de problemas: se non se alcanza a nota mínima de 1,2 puntos nalgunha destas dúas actividades, ofrécese a oportunidade de repetir as entregas para superar a nota mínima.
As datas e os lugares do exame pódense consultar na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames Avaliación global (EG), primeira e segunda oportunidades: O alumnado pode renunciar á avaliación continua, o que deberá comunicar canto antes ao profesorado respectando os prazos indicados na normativa vixente. Se se renuncia á EC, o alumnado será avaliado na data oficial de avaliación mediante unha proba escrita que cubra todos os contidos da materia. |