Consideracións sobre a avaliación continua (primeira oportunidade) Cada alumno ou alumna obtén unha nota de avaliación continua resultante de sumar as cualificacións das dúas probas parciais e das dúas prácticas realizadas durante o curso, e a nota da proba final NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF. Para superar a materia deberá acadarse un mínimo de 5 puntos. O sistema de avaliación por defecto é a avaliación continua. Tras a Proba Parcial 1 (PP1), habilitarase un período no que se poderá solicitar a renuncia á avaliación continua para pasar á avaliación global. Neste caso, prescinde das cualificacións obtidas nas probas realizadas ata ese momento. Segunda oportunidade (convocatoria de xullo): No exame oficial desta convocatoria, cada alumno/a poderá elixir entre as seguintes opcións: • Manter as cualificacións obtidas nas 4 probas de avaliación continua e realizar a proba final da segunda oportunidade (PF2, 40%). Esta proba será análoga á Proba Final de PF da primeira oportunidade e a nota obtida, PF2, substitúe a PF no cálculo da nova cualificación de avaliación continua NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF2. • Renuncia ás cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua e pasa ao sistema global de avaliación. Avaliación global: O alumnado que renunciase á avaliación continua deberá realizar un exame nas datas oficialmente establecidas polo centro nas que se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías. Esta proba será similar á Proba de Avaliación Continua Final pero máis extensa e poderá incluír preguntas sobre todas as materias e sobre as prácticas. Este exame valorarase con 10 puntos e para superar a materia deberase acadar un mínimo de 5 puntos. Calendario de exames: consultar/consultar actualizacións na páxina web do centro http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |