A/O alumna/o
poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua)
dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en
calquera caso de acordo á normativa vixente. O problema da
elección polo alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, de acordo cos
pesos máximos estipulados, maniféstase de forma máis dramática no caso de dous
alumnos/as que realizan o exame/reválida final e, obtendo exactamente a mesma
cualificación nel (por exemplo, un 6), un/unha aproba por ter elixido a avaliación
global e o/a outro/a suspende por ter elixido a avaliación continua e obter só un
4.2 sobre 10 na media das probas de avaliación continua. Para mitigar esta
contradición da normativa no caso de optar por facer unha proba final de
reválida, nesta materia calcularanse para cada estudante en modalidade de
avaliación continua, dúas notas e asignaráselle a máis alta das dúas. Modalidade
Avaliación Continua No calculo da
cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os
seguintes pesos: ·
Primeira
proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións
teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a
desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test. ·
Segunda
proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións
teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a
desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test. ·
Proba
final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en
cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou
tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test. ·
Prácticas,
peso: 10%. Entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba
oral de a lo menos dúas prácticas experimentais/TIC a realizar ao longo do
curso. No espírito do
parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante
a seguinte fórmula: Nota-Actas = máx
{0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/20)NC(10 - NF)} onde NC é a media
ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10)
e NF é a nota do exame final de reválida (tamén sobre 10). Modalidade
Avaliación Global Farase un exame
final na data oficial aprobada en xunta de escola, puntuación máxima: 100% Segunda
oportunidade Na convocatoria
de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía
que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final
para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario
seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto,
gárdase a nota das probas parciais e de prácticas. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes |