PARA PRESENTAR O TRABALLO FIN DE MÁSTER É PRECISO TER SUPERADO A TOTALIDADE DOS CRÉDITOS OBRIGATORIOS Composición do tribunal avaliador: Antes do inicio do período correspondente e segundo o procedemento ao efecto aprobado, nomearanse os membros, titulares e suplentes, do Tribunal Avaliador dos Traballos Fin de Máster (Presidente, Secretario e Vocal) que actuará nas convocatorias oficiais do curso correspondente. Os membros do Tribunal serán elexidos, segundo o procedemento ao efecto aprobado, entre os membros do equipo docente do Máster en Xestión e Dirección Laboral -Especialidade en Dirección Laboral de Empresas- . Convocatoria de xullo: Aqueles alumnos que non superaran a materia "Traballo fin de máster" en primeira convocatoria, poderán concurrir a convocatoria de xullo, presentando públicamente o traballo de investigación realizado, avaliado polo Tribunal conforme aos criterios sinalados. As probas de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o presente curso. |