Esta materia está deseñada para que os estudantes do Grao en Dereito obteñan competencias básicas sobre dirección e xestión empresarial. Preséntase á empresa como un axente económico fundamental, estudando os aspectos básicos da súa xestión e a problemática asociada ao seu goberno. A continuación identifícanse as principais áreas funcionais da empresa, profundizando en aspectos específicos da súa xestión e nas problemáticas económicas que se formulan. Faise fincapé tanto nos coñecementos como nas habilidades requiridas na xestión empresarial.