Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten
como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou
temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de
aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos
momentos que o profesor ten asignados de tutorías de despacho).
Traballo tutelado
O/A estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000