Neste curso preséntanse o formalismo e os elementos básicos da mecánica cuántica, e máis particularmente os máis adaptados ao tratamento cuántico da información. Abarca os temas introdutorios que serán requiridos polas distintas materias. Está enfocado a estudantes que proveñen de graos ou mestrados nos que nunca se viu a Mecánica Cuántica: enxeñaría, matemáticas, etc. Comezarase cunha revisión dos métodos matemáticos e continuará cun estudo en profundidade dos axiomas da Mecánica Cuántica e as súas consecuencias prácticas.