Descrición xeral |
Esta materia trata os temas fundamentais de procesado e análise de imaxe e preséntase como a primeira parte de outra materia que introduce temas máis avanzados. Ademais do estudo e a aplicación de técnicas fundamentais, estudaranse aplicacións prácticas destas técnicas para resolver problemas reais. Esta materia aporta as ferramentas necesarias para aplicar os algoritmos utilizados en casos prácticos, ademais das bases para desenvolver novos algoritmos e continuar co estudo de métodos máis avanzados. |