A misión do máster é formar profesionais de alta cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. O profesorado pertence ás áreas de Enxeñaría Telemática, Teoría do Sinal e Comunicacións, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Enxeñaría de Sistemas e Dereito Penal das dúas universidades, e compleméntase coa contribución de destacados profesionais de empresas do sector en Galicia e o compromiso destas en apoiar as prácticas dos estudantes.