A materia está pensada para asistir sistemáticamente ás
sesións presenciais e desenvolver as actividades docentes propostas, cun
seguimento e/ou avaliación das mesmas nas devanditas sesións prácticas. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán
os mesmos que os da primeira oportunidade, salvo para os traballos
tutelados, que serán avaliados únicamente na primeira oportunidade, manténdose esa cualificacón para a segunda oportunidade, no caso de
ter que concorrer a esta. A dispensa académica é
aceptada. Este estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa
insuficiente para realizar o traballo ou o seguimento do traballo, será
avaliado cos mesmos criterios que os da segunda oportunidade. Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os da segunda oportunidade do ano anterior. A fraude comprobada en calquera actividade de traballo, proba ou avaliación dará lugar á cualificaciión de suspenso de "0" na
actividade de traballo, proba ou avaliación que se trate. |