O obxectivo desta materia é capacitar ao alumno para seleccionar os sistemas CAD, CAM e CAE máis axeitados dependendo da aplicación concreta de que se trate, no marco da paradigma da Industria 4.0.
A materia exporá aos alumnos ao uso práctico de diferentes ferramentas dispoñibles dentro destes sistemas, permitíndolles explorar as súas capacidades e limitacións, chegando até a elaboración de comparativas e pregos de especificacións dos mesmos.