CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema
de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso
contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. Para aprobar a materia é necesario obter un
mínimo de 5 entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse nas dúas probas
finais será de 7, sumándose á puntuación obtida no devandito exame a que correspondese á avaliación continua.
Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das probas
finais.
b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ou renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun
único exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da
materia e representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE JULIO: Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes
de decembro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria
do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería
que someterse un novo proceso de avaliación continua.
CONVOCATORIA FIN DE CARRERA:
Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único
exame escrito, de carácter teórico e práctico, que representará o 100 por 100 da nota final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web
http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es.
Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico.