Resolución de problemas e/ou exercicios |
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL (AG):
Proba presencial, nas datas oficialmente establecidas para 1ª oportunidade e 2ª oportunidade. |
100 |
|
|
|
|
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou, alternativamente, optar por unha proba de avaliación global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. En caso de non renunciar á avaliación continua (AC): - A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
- A primeira proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a metade do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos catro primeiros temas do programa.
- A segunda proba ten un peso do 30% na nota final. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre un máximo de 10. Realízase a final do cuadrimestre, evaluando competencias financeiras básicas dos restantes temas.
- A terceira proba ten un peso do 40% na nota final. Calificación máxima de 10 puntos. Realízase o mesmo día de data oficial de AG de primeira oportunidade. Se evalúan competencias financeiras de nivel intermedio e avanzado do programa.
- Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.
AG (en primeira oportunidade, en segunda oportunidade o en Fin de Carreira): - A nota mínima para aprobar a materia é de 5 puntos.
- A proba é presencial e consta de tres partes que avalían, respectivamente, competencias financeiras básicas, intermedias e avanzadas.
- Coa primeira parte da proba pódese conseguir ata 6 puntos e coas dúas partes restantes ata 4 puntos máis, podendo acadar unha puntuación máxima de 10 puntos.
O estudantado que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. O horario de titorías presenciais e o seu procedemento de solicitude están indicados no portal Moovi, no apartado Atención titorial da materia. |