O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación Continua (AC), ou alternativamente optar por unha
proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades
de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
1. Avaliación Continua. Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:
- 20% coa realización e
presentación dun traballo no que se revisará algún caso de competencia.
Para un adecuado desenvolvemento do traballo é preciso que se coñezan os
contidos da materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir
polo menos a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só se se cumpre este requisito,
poderase presentar o traballo. - 40% coa realización dunha
proba parcial dos
temas 1 a 4. - 40% coa realización dunha
proba parcial dos
temas 5 a 8.
Para aprobar a materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos (sobre 10), sendo ademais imprescindible
obter en cada unha das dúas probas parciais unha puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa
puntuación nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte correspondente na proba de avaliación global
que se celebrará na data especificada no calendario oficial de probas aprobado pola Xunta de Facultade para o curso
2023/24 e recollida na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es), ben na primeira oportunidade (xuño) ou na
correspondente á segunda oportunidade (xullo). Se de novo tampouco se alcanza esa puntuación mínima (ou non se
presenta), a nota final máxima da materia será de 4 puntos.
O alumnado que non se presente a ningún dos parciais, nin á súa recuperación nas probas de avaliación global, será
cualificado como Non Presentado (aínda que presentase o traballo).
2. Avaliación Global. A proba celebrarase na data oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. A proba incluirá preguntas relativas aos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso, ademais dalgún caso de competencia.
Exame de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.
As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de
exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/
As datas e horas das probas de AC estarán dispoñibles na plataforma docente da materia, https://moovi.uvigo.gal
Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "Non presentados".
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a
calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2
c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa |