O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. AC. En caso de non renunciar á avaliación continua: - Avaliación: UN ensaio (40%) e DÚAS probas, baseadas en preguntas tipo test (30% cada unha).
- Non existe nota mínima en cada parte.
AG no caso de renunciar á avaliación continua na convocatoria de febreiro, ou nas convocatorias extraordinaria de xullo, na convocatoria de Fin de Carreira, - Avaliación: UNHA proba, baseadas en preguntas tipo test, que supón o 100% da nota.
- A proba realizarase na data oficial segundo recóllese na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es).
Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. O horario de titorías e o procedemento para solicitalas estará no MooVi da materia. |