Traballo tutelado |
O traballo tutelado fai referencia a un Plan de Innovación que sigue un modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en MOOVI. Serán criterios de avaliación os seguintes:
PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.
NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA
CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental
EXPOSICIÓN FINAL DUN DOS PROXECTOS PROPOSTOS NO PLAN DE INNOVACIÓN PARA BUSCAR FINANCIAMENTO
Axuste da exposición a 5/10 minutos
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción |
40 |
A2 A3 A4
|
B1 B2
|
C1 C3
|
D2
|
O horario de tutorías figurará na páxina docente en Moovi. O alumnado poderá solicitar unha cita a través do correo electrónico dos profesores. O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou de forma alternativa optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A puntuación pola participación e o cumprimento de todas as tarefas mantense nas convocatorias do curso académico e non se gardará nos cursos sucesivos. Notas específicas sobre o exame: (1) Poderá ser de tipo test ou de preguntas curtas. (2) Nas transparencias dispoñibles en MOOVI pódese atopar un índice estendido da materia que o alumnado terá que complementar por conta propia durante a ensinanza presencial e/ou coa bibliografía recomendada. (3) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. No caso de conflito ou discrepancia entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. (4) Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2022-04/regulamento-avaliacion.pdf). |