Durante a última década fomos testemuñas dun importante desenvolvemento das metodoloxías de secuenciación xenómica, que levou a un incremento exponencial do coñecemento dos xenomas. Estas novas tecnoloxías están a aplicarse tamén ao coñecemento dos xenomas dos organismos mariños. Esta materia pretende achegar ao alumno a estes avances tecnolóxicos, para que adquira os coñecementos necesarios para enfrontarse aos novos desafíos da xenómica do século XXI aplicada ao estudo do medio mariño.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais
poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.