Será necesario obter unha puntuación mínima de 4,0 no exame final escrito para aprobar a materia.
Penalizarase a entrega con atraso do traballo escrito cun 20% da nota que lle correspondería se fose presentado dentro do prazo. Non se admitirá a entrega de traballos unha semana máis tarde do prazo de entrega.
Calquera intento de plaxio nas actividades que se realicen suporá unha cualificación de cero na actividade afectada, sen posibilidade de recuperala na convocatoria de xullo.
Os alumnos que non se presenten ao exame final constarán como non presentados.
Para superar a materia será necesario obter 5 puntos de 10 no global ponderado das avaliacións.
Na convocatoria de xullo, conservaranse as notas das actividades realizadas
A data do exame final (1ª y 2ª convocatoria) podese consultar
aquí: http://masterbiologiamarina.uvigo.es/gl/docencia/exames |