Existen dúas modalidades de Avaliación: Contínua e Global de
carácter final. Avaliación Contíuna: Traballo Tutelado, Aprendizaxe baseado
en proxectos, Asistencia a clase. Avaliación Global: Traballo Tutelado, Aprendizaxe baseado en
proxectos. A avaliación desta materia
desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo
do marco xeral das competencias, é dicir, das
capacidades, a avaliación tentará
recoller e valorar aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto de: o campo dos
coñecementos, o campo dos
procedementos, o campo actitudinal
e campo relacional. Entendemos que o equilibrio estará en
que o alumnado sexa capaz de dominar estas catro grandes dimensións que dalgunha forma contribuirá a
que se me for de maneira integral.
A avaliación está deseñada
en función das seguintes características: formativa, continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de
ensino-aprendizaxe. A avaliación do
proxecto terá dous aspectos: por
unha
banda a xustificación teórica dos distintos
elementos curriculares traballados e por outro o seu
deseño. Para
avaliar o proxecto seguiranse as
seguintes normas: 1.-
Utilización dos coñecementos dispoñibles nos documentos traballados
na aula para contrastar as
propias ideas, apoialas e fundamentalas.Comprensión das ideas básicas contidas
nos materiais utilizados e
analizados. 2.- Expresar correctamente as
ideas
propias, argumentadas e
demostrar capacidade de escoita e
receptividade. 3.- Crítica razoada de posicións e
feitos fundamentados con argumentos utilizando un vocabulario técnico propio da materia. 4.- Claridade expositiva, habilidades de comunicación, estrutura da
presentación traballada na aula. 5.- Estrutura lóxica das ideas. 6.- Utilización e manexo das TIC. 7.- Adecuación e coherencia entre
as actividades prácticas e os contidos teóricos. 8.-
Calidade das achegas e
expresións de ideas innovadoras, contribucións no traballo en
grupo, compromiso nas diferentes tarefas. 9.- Formulación dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o
tempo, etc. 10.- Selección do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a
idade, o tempo, etc. 11.- Selección das actividades, creatividade na súa elaboración,
adecuación a idade e
a temporalización.. 12.- Deseño innovador de recursos. 13.-Seleccióndas
estratexiasdeavaliación:actividadesdeavaliación,tipos
etécnicasdeavaliación,deseñode instrumentos,etc O seguimento dos grupos de traballo convértese nunha ocasión privilexiada para introducir, por parte da profesora, aspectos
actitudinais (cooperación, responsabilidade profesional, motivación polo traballo de
mestre, etc.). Do mesmo xeito, nalgunhas fases do proxecto pídeselle ao alumnado
que valoren o
seu propio traballo ( autoevaluación)
ou o traballo dos demais compañeiros ( coevaluación) para facer
unha retroalimentación do proceso que permita resolver os
erros na aprendizaxe o antes posible. - Este
mestrado ten
a modalidade
de ensino presencial, polo tanto aasistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación continua
éobrigatoria. Esta asistencia debe ser,
alomenos, do 80 % estando admitidofaltar ao 20 % da presencialidade. - Os prazos das
entregas das
actividades, traballos,
etc. serán comunicadospolo profesorado na clase e/ou en Faitic e tamén é necesario cumprilos
para sercualificados na avaliación continua
ou final. - O alumnado
que non supere a materia por avaliación continua terá unha proba de
avaliación, ao redor dos contidos
nucleares da materia, na data marcada
no calendario do máster para os exámenes oficiais. Cabe resaltar que
está proba
estará composta dun trabajo (70%) e un examen (30%), tendo que obtener alomenos o
50% da puntuación en cada unha para realizar o
cómputo. En caso de superar unha das probas da materia (traballo
ou exame) conservarase a
súa calificación
dentro do mesmo curso
académico, pero na Acta académica figurará como non superada e
colocarase a media resultante da puntuación global
obtida (atendendo previamente a súa espectiva ponderación). Para a AVALIACIÓN GLOBAL o estudante presentará as mesmas actividades que durante a avaliación continua. Máis
información sobre o proceso de avaliación así como sobre o
tipo de exame, as orientacións para a
realización do traballo, data de entrega, etc. será facilitada baixo demanda do alumnado
que precise, ao non poder superar a
materia por avaliación contiua. Na web do mestrado poden consultarse as datas do exame oficial: http://mpe.uvigo.es/index.php?lang=es |