As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
Código
V02M066V09230
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
Esta materia pretende proporcionar unha visión panorámica e comprensiva da docencia de linguas estranxeiras en España e en Galicia en termos de lexislación e das estruturas educativas actuales no contexto dos obxectivos fixados polo Marco común europeo de referencia para as linguas. A información proporcionada no curso será tratada dun xeito práctico por medio de debates e de estudos comparativos entre a situación no contexto nacional e as políticas educativas e aportacións máis significativas dos países do noso entorno europeo de xeito prioritario, pero tamén doutras zonas relevantes do mundo global.