A materia proporcionará ao estudante competencias en catro áreas: sistemas e boas prácticas de produción vexetal, técnicas de reprodución e mellora vexetal (biotecnoloxía vexetal), seguridade e hixiene vexetal e lexislación e normativas. A materia inclúe clases maxistrais, seminarios, estudo de casos en aprendizaxe cooperativa, e clases prácticas de laboratorio. http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios