Coñecer a fenomenoloxía biolóxica a partir das leis e principios que marca a Física, o que
permitirá ao estudantado analizar e interpretar o medio, así como entender o deseño de modelos de procesos biolóxicos.
Comprender os conceptos físicos fundamentais para entender os principios de traballo dos instrumentos e a súa aplicación a distintas técnicas de medida e control. Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio, terrestre ou externo, e o seu comportamento utilizando as leis e conceptos físicos ou astrobiolóxicos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.
Tamén, fai emprego da plataforma de teledocencia MOOVI.