Neste curso trátanse contidos terminolóxicos relacionados coa tradución e a interpretación de textos especializados. A modo de introdución, realízase unha caracterización da terminoloxía e das linguas de especialidade, dos ámbitos temáticos, dos xéneros textuais e das tipoloxías documentais. Analizaranse os problemas terminolóxicos de tradución, a importancia do traballo de corpus para documentar solucións e as estratexias tradutoras, así como o concepto de variación terminolóxica, homonimia, polisemia (metáfora terminolóxica) e sinonimia.