Código |
Descrición |
C2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
C3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
C4 |
Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. |
C5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
C8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística
especializada. |
C9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación
(identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar
datos, manexo de bases de datos, etc.) |
C10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento:
dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
D1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
D4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar
a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
D5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas
emprendedoras. |
D6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |
D7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |