Traballo |
O estudante presenta por escrito o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. |
40 |
A1 A2 A3 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C6 C10
|
D6 D7 D8
|
As porcentaxes atribuídas ás tres partes da avaliación (presentación escrita, presentación oral e observación sistemática) considéranse orientativas. Xa que a materia trata sobre avaliación, discutirase na clase o sistema de avaliación e a adecuación das porcentaxes propostas e chegarase ao acordo que se considere, que será o que se aplicará para a materia. O alumnado que non acade o aprobado na primeira oportunidade será avaliado co mesmo sistema na segunda: presentará por escrito un traballo que tamén exporá oralmente ante a docente e, de ser o caso, o grupo de alumnado. No caso de que a alumna ou alumno non puidera asistir ás sesións de clase, non se terá en conta a observación sistemática e as porcentaxes das partes da avaliación axustaranse, de modo que cada parte valerá o 50%. Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección e adecuación lingüística. No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta puntuarase con 0. |