Impartida pola profesora Ana Isabel Codesido García da Universidade de Santiago de Compostela.
Destacar o papel da Lingüística no estudo de manifestacións verbais singulares como é o caso da linguaxe no desenvolvemento. A proxección aplicada de procedementos de análise e de conceptos extraídos da Lingüística resulta indispensable para: (a) aproximarse ás dinámicas de emerxencia verbal en ontoxénese,(b) abordar as peculiaridades comunicativas da fala nesas etapas, e (c) plantexarse a súa posible estimación en situacións especiais de anomalía ou disfunción.