Esta materia ocúpase de iniciar ó estudante nas perspectivas e métodos de investigación máis relevantes para o estudo avanzado das manfestaciones artísticas -en especial dos textos fílmicos- creadas nos diversos ámbitos de produción en lingua inglesa. Polas súas competencias especificas e o seu obxecto de estudo a materia permitiralle ó estudante asimilar as diversas aproximacións críticas ó estudo dos textos fílmicos en lingua inglesa e adquirir ferramentas que lle permitan demostrar a súa capacidade para usar as ditas aproximacións na análise avanzada de textos, autores, e períodos específicos. Para exemplificar a devandita análise dun xeito avanzado, o curso desenvolve un estudo de caso monográfico baixo o título de "King Arthur and the Arts on Film: The Arthurian Legend in the English Cinematic and Artistic Tradition through a twofold case-study".